Escoitar

A concellería de Festas estará presente en Vigolandia

A concellería de Festas estará presente co programa PINVI -Parque Infantil de Nadal- en Vigolandia que se celebrará os días 2,3 e 4 de xaneiro no Recinto Feiral do IFEVI.<br />

martes, 16 dec 2003
O Concello colabora nesta feira cun programa de xogos de inverno que consistirán a carreiras da nadal, carreiras de sacos de Papa Noel, tirar de corda, presencia do Carteiro Real , actuacións de contacontos, obradoiros e espectáculos de compañías como a de Pablo Nojes, o grupo Tanxarina , o pallaso Popín e o Mago Midas.

Vigolandia pretende ser un parque de diversión e ocio para toda a familia con actividades que permitan disfrutar nunha superficie de 12.000m2 do Recinto Feiral de Cotogrande. Ademais dos distintos xogos e atraccións do salón, tamén se poderá ver unha exposición fotográfica da historia do Celta.