Escoitar

O ARE-MORE acércanos á musica española dos séculos XVII e XVIII

O conxunto "Armoniosi Concerti" protagoniza o concerto do ciclo de música ARE-MORE que terá lugar o martes, día 16, ás 21 horas na Igrexa Concatedral Santa María de Vigo. O concerto co título "Zarambeques" interpreta música española dos séculos XVII e XVIII en torno á guitarra .

luns, 15 dec 2003
1071497700Armoniosi.jpg
Armoniosi Concerti
"Armoniosi Concerti" está formado por Juan Carlos Rivera, guitarras barrocas; Consuelo Navas, tiorba; Juan Miguel Nieto, guitarras barrocas; Sara Ruiz, viola da gamba; José Manuel Vaquero, zanfoña

O conxunto "Armoniosi Concerti" toma o seu nome do libro de guitarra que Domenico Pellegrini publicou en Bolonia no ano 1650. O título completo é "Armoniosi concerti sopra la guitarra spagnuola". Surxe a raíz da gravación dun disco do seu director, Juan Carlos Rivera, con música italiana do século XVII para guitarra e tiorba no que se fai acompañar en varias pezas doutra tiorba e outra guitarra.

O grupo está a ter unha grande aceptación por parte do público polo rigor, amenidade e vitalidade dos seus programas. O seu disco "Zarambeques", adicado por completo á música española dos séculos XVII e XVIII, para o selo Harmonia Mundi, obtivo excelentes críticas internacionais.

Desde a súa formación a finais do ano 2001, "Armoniosi Concerti" ofreceu concertos en numerosos festivais españoles. O seu debut internacional foi en xuño de 2003 no prestixioso "Lufthansa Festival of Baroque Music" de Londres, onde obtivo un enorme éxito. En abril de 2003 gravou un programa dunha hora de duración para o canal internacional de TVE na sala de música do Pazo dos Borbones do Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial, programa adicado á música española dos séculos XVI ó XVIII en torno á guitarra.

PROGRAMA

I PARTE
Diferencias de las Folías (ANON., ms. BNE ca. 1700)
Cumbées (SANTIAGO DE MURZIA, Códice Saldívar 4, 1732)
Canarios (ANTONIO DE SANTA CRUZ, ms. BNE, segunda mitad s. XVII)
Folías Gallegas (SANTIAGO DE MURZIA, Códice Saldívar 4, 1732)

Marionas (FRANCISCO GUERAU 1649-1722)
Pasacalles (SANTIAGO DE MURZIA, ms. "Pasacalles y Obras" 1732)

Canción a dos tiples (ANTONIO MARTÍN I COLL, ms. BNE s. XVIII)
Gaitas (SANTIAGO DE MURZIA, ms. "Pasacalles y Obras" 1732)
Marionas (ANTONIO DE SANTA CRUZ, ms. BNE, segunda mitad s. XVII)
Zarambeques (SANTIAGO DE MURZIA, Códice Saldívar 4, 1732)

II PARTE
Villanos (GASPAR SANZ, "Instrucción de música...", publ. en 1674)
Rugero y Paradetas (GASPAR SANZ, "Instrucción de música...", publ. en 1674)
Gallardas (GASPAR SANZ, "Instrucción de música...", publ. en 1674)
Canarios (GASPAR SANZ, "Instrucción de música...", publ. en 1674)

La Forlana (SANTIAGO DE MURZIA, "Resumen de acompañar..." 1717)
Diferencias de Gaitas (ANTONIO MARTÍN I COLL, ms. BNE s. XVIII)

Jácaras (ANTONIO DE SANTA CRUZ, ms. BNE, segunda mitad s. XVII)
Las Penas (SANTIAGO DE MURZIA, Códice Saldívar 4, 1732)
Fandango (SANTIAGO DE MURZIA Códice Saldívar 4, 1732)
Descargar todas as imaxes