Corina Porro, alcaldesa de Vigo
Corina Porro Martínez é dende hoxe alcaldesa do Concello de Vigo, cargo polo foi elixida cos dez votos do seu grupo municipal o Partido Popular. O Pleno da Corporación Municipal que elexía á nova alcaldesa foi consecuencia do anterior no que Ventura Pérez Mariño perdeu unha moción de confianza.
O grupo socialista non presentou candidato. O BNG presentou a Lois Pérez Castrillo, que obtivo os sete votos do seu grupo, mentres que o candidato de Democracia Galega , Manuel Soto, obtivo dous votos.
Tralo xuramento do cargo da alcaldesa, Corina Porro, expresou unhas primeiras palabras de confianza e petición de apoio a toda a corporación, de esforzo e renovada ilusión por parte dos traballadores municipais, de chamamento a todas as administracións para que resposten ás nosas xustas demandas e de compromiso cunha cidade que merece todos os nosos desvelos.
Discurso íntegro da Alcaldesa:
Bos días señores e señoras corporativos, bos días cidadáns que hoxe nos acompañades neste Pleno do Concello, voz dos vigueses e das viguesas, parlamento que expresa a máxima vontade dos nosos concidadáns.
Estou hoxe aquí cumprindo co meu deber como viguesa. O mesmo deber que me impulsou a aceptar a candidatura á alcaldía. O mesmo deber que me levou a respectar os pactos que se fixeron para formar goberno e o mesmo deber que me obrigou a manter unha actitude conciliadora durante o desenvolvimento da crise.
Pois ben, ese compromiso coa cidade lévame a que hoxe asuma esta responsabilidade. Son conscente de que ésta é unha xornada agredoce, na que se mixturan sentimentos contradictorios. Os nosos cidadáns están desconcertados e dolidos. Eu seino. Seino ben. Unha cidadanía que ten dado sobradas mostras de unidade e empuxe ve como a súa clase gobernante non é quen de desempeñar o necesario liderazgo institucional.
A crise ten sido demasiado longa e traumática. Por iso o día de hoxe non é un día de celebración. Moitos vigueses se están a preguntar si este acto de investidura que hoxe celebramos é un simple paréntese ou un punto final que permite iniciar unha nova etapa.
Eu estou convencida de que iniciamos unha nova etapa. Unha etapa de normalidade. Podería determe en enumerar os erros do pasado e sinalar os seus responsables. Non vou facelo. Creo que a cidade nos pide mirar cara adiante e recuperar entre todos o tempo perdido. E iso temos que facelo contando co mandato das urnas. A nosa é unha corporación complexa, onde existe un partido maioritario, o Partido Popular, pero onde non hai maiorías claras. Pois con iso é preciso traballar.
Esa complexidade require un esforzo suplementario de diálogo, de consenso, de acordos, que eu asumo dende este momento, e que porei en práctica de inmediato.
Teñan vostedes o meu firme compromiso de traballar con transparencia e con rigor na procura de acordos sólidos, que nos permitan a modernización da nosa propia organización, o equilibrio financeiro e a optimización dos esforzos que, sei que todos, corporativos e funcionarios, estamos en disposición de realizar.
A situación política da nosa cidade esixe unha tregua que nos permita traballar nos asuntos cruciais do presente e do futuro de Vigo.
Estou certa de que esta necesidade está tamén presente en todos os meus compañeiros de corporación. Confío no seu sentido da responsabilidade e creo que manter a inestabilidade indefinidamente non beneficia a ninguén.
Esta convicción aporta a parte máis doce desta xornada de sentimentos contradictorios. Se somos quen de aprender dos nosos erros, Vigo poderá lograr a estabilidade política. Se miramos ó noso redor e aprendemos dos nosos concidadáns que teñen amosado a fortaleza dunha sociedade pioneira, creo que a crise quedará definitivamente superada.
Quero, por tanto, que as miñas primeiras palabras sexan de confianza. De confianza, de petición de apoio a toda a corporación, de esforzo e renovada ilusión por parte dos traballadores municipais, de chamamento a todas as administracións para que resposten ás nosas xustas demandas e de compromiso cunha cidade que merece todos os nosos desvelos.
Estou aquí lexitimada polas urnas e disposta a gañar a lixitimidade do traballo ben feito e da incansable procura do acordo.
A todos, moitas gracias.
Descargar todas as imaxes