xoves, 11 decembro 2003

Medidas de tráfico para as datas de nadal

O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, anunciou que dende hoxe e ata o día 7 de xaneiro reabrirase ó tráfico rodado no treito de Urzáiz entre Hernán Cortés e Gran Vía, así como no sentido ascendente de Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales.Por tal motivo e dado que o tráfico polas rúas Hernán Cortés e Luis Braille verase disminuido sensiblemente, permitirase o estacionamento regulado por zona ORA en ámbalas dúas marxes das devanditas rúas e situaranse así mesmo as pertinentes zonas de carga e descarga.

Concerto de piano e violín no ARE-MORE

xoves, 11 dec 2003

O ciclo de música ARE-MORE ofrece o venres, día 12, un concerto de piano e violín a cargo de Katia e Marielle Labeque e Gautier e Renaud Capuçon. O concerto será ás 20.30 horas no cine Fraga Caixagalicia.

Noites Vivas para a fin de semana

xoves, 11 dec 2003

As Noites Vivas, programa da Concellería de Xuventude, presentase esta fin de semana coma anticipo o Nadal e esto vese reflectido nas actividades que se realizarán nas distintas sedes.

"ADOLESCENTES: cine e vídeo para/sobre mozas e mozos"

xoves, 11 dec 2003

O Marco inicia o venres unha programación audiovisual sobre os adolescentes. Unha proposta de vídeo e cine sobre a adolescencia, con traballos que deconstruyen desde dentro os tópicos da cultura teen, que se atreven a dar voz ós protagonistas, e onde o tema se aborda desde o interior e sen xuízos de valor.