Escoitar

Concerto de piano e violín no ARE-MORE

O ciclo de música ARE-MORE ofrece o venres, día 12, un concerto de piano e violín a cargo de Katia e Marielle Labeque e Gautier e Renaud Capuçon. O concerto será ás 20.30 horas no cine Fraga Caixagalicia.

xoves, 11 dec 2003
1071148550Katia.jpg
Katia e Marielle Labeque
Programa do concerto
I PARTE
MAURICE RAVEL (1875-1937)
Ma Mere L'oye
KATIA & MARIELLE LABEQUE
piano a catro mans

MAURICE RAVEL (1875-1937)
Duo para Violín e Violoncello
RENAUD CAPUÇON, violin
GAUTIER CAPUÇON, violoncello

II PARTE
CLAUDE DEBUSSY (1862-1918)
Sonata para Violoncello e Piano en re menor

GAUTIER CAPUÇON, violoncello
MARIELLE LABEQUE, piano

MAURICE RAVEL (1875-1937)
Sonata para Violin y Piano
RENAUD CAPUÇON, violin
KATIA LABEQUE, piano

KATIA & MARIELLE LABEQUE

As extraordinarias pianistas Katia e Marielle Labèque son coñecidas non só pola precisión das súas interpretacións, senón tamén pola especial musicalidade e o amplo repertorio que vai dende Bach, Mozart e Schubert atá Stravinsky, Gershwin, Bernstein e os compositores vangardistas do S. XX.

Actuaron coas orquestras máis importantes do mundo como a Berlin Philharmonic, Boston Symphony, Chicago Symphony, Cleveland, Concertgebouw, Dresden Staatskapelle, Leipzig Gewandhaus, London Symphony, Los Angeles Philharmonic, New York Philharmonic, Philadelphia Orchestra, Philharmonia, Orchestra Filarmonica della Scala e Vienna Philharmonic baixo a dirección de Semyon Bychkov, Riccardo Chailly, James Conlon, Sir Colin Davis, Charles Dutoit, Jesús López-Cobos, Zubin Mehta, Seiji Ozawa, Sir Simon Rattle, Esa-Pekka Salonen, Giuseppe Sinopoli, Leonard Slatkin e M. Tilson Thomas. Foron invitadas polos festivais máis prestixiosos do mundo: Berlín, Blossom, City of London, Edimburg, Great Woods, Hollywood Bowl, Maggio Musicale Fiorentino, "Mostly Mozart", Mozartwoche Salzburg, Prinsengrachtconcert Amsterdam, the Proms, Ravinia, Rheingau, Klavierfestival Ruhr, Schleswig-Holstein y Taglewood, e unha xira polas máis prestixiosas cidades de Asia como Hong Kong, Kuala Lumpur e Macao.

GAUTIER CAPUÇON, Violoncello

Nado en Chambéry en 1981. Con cinco anos comezou a estudiar cello na Escola Nacional de Música de Chambéry. No Conservatorio Superior de Paris estudiou con Annie Cochet-Zakine e piano con Christophe Egiziano (onde gañou o Primeiro Premio), e logo, en París con Philippe Muller. En 1999 gañou o Primeiro Premio na Academia Musical "Maurice Ravel" de Saint-Jean-de Luz; o Segundo Premio no Concurso Internacional de Cello de Christchurch (Nova Zelanda) e o Primeiro Premio no Concurso "André Navarra", en Toulouse. En xuño do 2000 gañou o Premio de Cello e Música de Cámara no CNSMP e dende entón, toma master classes con Heinrich Schiff en Viena. No 1997 e 1998 foi membro da Xoven Orquestra da Comunidade Europea e da Xoven Orquestra "Gustav Mahler", con maestros como Bernard Haitink, Kent Nagano, Pierre Boulez, Daniele Gatti, Seiji Ozawa e Claudio Abbado, co que fixo dúas xiras europeas.

RENAUD CAPUÇON, Violín

Naceu en Chambéry en 1976 e comeza os seus estudios no Conservatorio Nacional Superior de Música de Paris con Gérard Poulet e Veda Reynolds onde foi galardoado en 1992 co Primeiro Premio de Música de Cámara, e no 1993 co Primeiro Premio de Violin e mención especial do Xurado. En 1995 gañou o Premio da Academia de Artes de Berlín. Logo estudiou con Thomas Brandis en Berlin, e posteriormente con Isaac Stern. Invitado por Claudio Abbado en 1997, continua coma concertino da Xoven Orquestra "Gustav Mahler" durante tres tempadas con Pierre Boulez, Seiji Ozawa, Daniel Barenboim, Franz Welser-Moest e Claudio Abbado. Toca un Stradivarius (1721) que pertenceu a Fritz Kreisler.
1071148550Katia.jpg
1071148590duo.jpg
Descargar todas as imaxes