O Concello colabora coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo para superar barreiras comunicativas
O alcalde, Abel Caballero, asinou este venres un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo para a realización de actividades que faciliten a comunicación directa aos discapacitados auditivos. O acordo desenvolverase coa axuda de dous intérpretes de lingua de signos.