Escoitar

A Disco Light acolle este sábado unha nova sesión de música disco e unha Festa Tuning

Os mozos e mozas de Vigo poderán disfrutar este sábado, 1 de marzo, dunha nova sesión de música disco na Disco Light da SalaA! (Avda. Beiramar, 113), segundo anunciou este venres a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. Neste espazo, de 17.30 a 21.00 horas, terá lugar tamén a Festa Tuning, polo que haberá un coche de exposicion dentro da sala, en concreto un 206 Coupe Cabrio, gañador de varios premios Tuning no ámbito estatal. Ademais, aos mozos e mozas asistentes obsequiaráselle con diversos regalos, como fluorescentes e camisetas.

venres, 29 feb 2008
A Disco Light é unha das iniciativas que impulsa a Concellería de Xuventude, coa intención de pór á disposición dos mozos e mozas espazos lúdicos e de diversión seguros e saudables, libres de alcohol e fume e para acadar este obxectivo conta con persoal de apoio, especializado no traballo con adolescentes.