O tenente de alcalde comprométese a comezar a traballar xa para mellorar a próxima edición do Salón Náutico
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres aos organizadores e expositores do Salón Náutico a súa disposición para comezar a traballar na organización da vindeira edición do certame en canto este peche as súas portas. Deste xeito o tenente de alcalde quere evitar que, como aconteceu este ano, haxa apenas dous meses para poñer en marcha o Salón.
Santi Domínguez visitou este venres o certame e mantivo unha xuntaza cos organizadores e os vinte principais expositores para agredecerlles o esforzo realizado nesta edición e para garantirlles o seu apoio para "conseguir que o o ano que vén o Salón Náutico de Vigo teña maior proxección e dimensión".
O tenente de alcalde valorou positivamente que "a pesar de todos os avatares que houbo nesta edición, que obrigaron a preparalo con pouco tempo", fose posible reunir importantes empresas construtoras, de servizos e diferentes actividades vinculadas ao mar. Domínguiez salientou que Vigo Nau "é un Salón moi digno, pero temos que seguir traballando para potencialo e convertelo nun referente do sector".
O tenente de alcalde amosou a súa satisfacción porque neste Salón, ademais das últimas novidades do sector en canto a embarcacións ou actividades náuticas, se poidan atopar tamén novas tecnoloxías para a protección das nosas augas. Así, anunciou que se vai poñer en contacto coa Consellería de Industria "para tratar de xeneralizar a utilización dun sistema de recuperación de fuel a clubes deportivos ou náuticos de recreo para preservar a riqueza das nosas rías". Finalmente, Santi Domínguez fixo fincapé en que é unha empresa galega a que ideou este sistema para recuperar os verquidos das propias embarcacións.
Descargar todas as imaxes