Os actos programados con motivo do Día Internacional da Muller comezan este sábado co "Contacontos da Igualdade" <br />
Un "Contacontos da Igualdade" dirixido a nenas e nenos de 6 a 9 anos, que terá lugar mañá, 1 de marzo, ás 12 horas na Biblioteca Central, inaugura as actividades que se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo en diferentes puntos da cidade con motivo do Día da Muller, segundo anunciou este venres a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
A concelleira salientou que a ampla variedade de alternativas programadas, como teatro, obradoiros, conferencias e exposicións, organizadas polas vogalías de muller das múltiples asociacións de Vigo, "demostran que na nosa cidade existe unha forte actividade reivindicativa para seguir reclamando os dereitos das mulleres".
"Dende a Concellería de Igualdade queremos facer partícipe a toda a cidadanía, tanto mulleres como homes, nas actividades organizadas, porque estamos ante un problema que afecta a toda a sociedade", salientou Iolanda Veloso, quen indicou que esta semana ten sido "especialmente grave", en referencia ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Neste sentido, Iolanda Veloso asegurou que con estes sucesos se pon de manifesto a existencia dun "auténtico terrorismo contra as mulleres".
Iolanda Veloso subliñou que na edición deste ano do Día da Muller, a Concellería de Igualdade quere centrarse especialmente na difusión de todas as actividades e iniciativas organizadas dende os diferentes ámbitos da cidade, tanto as asociacións veciñais como os sindicatos ou os distintos colectivos de mulleres, xa que "amosan a preocupación que hai na sociedade entorno a este problema".
Descargar todas as imaxes