O novo estacionamento regulado e o segundo 'vision car' comezan a funcionar este venres
O obxectivo da XER é facilitar o estacionamento en superficie, para o que se fomentará a rotación de vehículos cun máximo permitido de dúas horas por ámbito e vehículo. O Concello iniciará unha campaña informativa para concienciar os vigueses do novo funcionamento de rotación do servizo. Durante o mesmo, os axentes non sancionarán os condutores que superen o límite temporal. Ademais, o 'vision car' reforzará o servizo de tráfico e estacionamento.
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron este xoves a nova XER (Xestión de Estacionamento Regulado), que entrará en servizo mañá, xunto co segundo 'vision car'. No acto estiveron acompañados polo director xeral da empresa concesionaria Daunier, Leopoldo del Pino.
O Concello de Vigo ten o obxectivo de facilitar o aparcamento ao maior número de usuarios posible por día, co que o servizo contempla un tempo máximo de dúas horas de estacionamento nun dos oito ámbitos da cidade. Transcorridas dúas horas, o condutor deberá mover o seu vehículo fóra do mesmo. O sistema de rotación, básico para a consecución deste obxectivo, redundará a súa vez no fomento do uso do transporte público.
O goberno local vai pór en marcha unha campaña informativa para que os cidadáns se acostumen á nova normativa do sistema de estacionamento. Durante a mesma, os axentes non sancionarán os vehículos que superen o tempo máximo permitido de dúas horas no mesmo ámbito. Pola contra, estes serán apercibidos de que, no futuro, o seu comportamento entrañará unha sanción. O obxectivo da campaña é concienciar os vigueses da importancia da rotación e darlles a coñecer o sistema.
A nova XER conta con 40 máquinas expendedoras máis que o actual servizo, acadando un total de 154 postos. Con esta ampliación, os usuarios teñen sempre á súa disposición unha máquina a menos de 50 metros de distancia, cumprindo co plantexamento do Goberno local. A calidade das expendedoras tamén se viu mellorada, xa que admiten o pagamento con tarxeta de crédito e coa tarxeta microchip do servizo, que poderá ser cargada con ata 12 euros. Do mesmo xeito, as máquinas non precisan de electricidade, xa que contan cunha placa solar que as alimenta.
Os axentes de vixilancia contarán cunha PDA (unha terminal de denuncia) conectada directamente coa Policía Local e equipada con cámara de fotos, para axilizar o traballo dos mesmos. O servizo presenta un teléfono gratuíto, xunto á web do Concello e da concesionaria, para recabar información. Para o axeitado funcionamento da XER, o Concello poderá obter información da ocupación e das infraccións en tempo real a través do Centro de Control Municipal. No tocante ás cámaras de vixilancia, incluídas no prego de condicións, o Goberno local vai seguir moi de cerca a eficiencia das mesmas, polo que ten instaladas na rúa Venezuela dous dispositivos de proba.
O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, explicou que "a ocupación actual do servizo é óptima a día de hoxe", acadando o 65% a decembro do 2007. Con esta cifra, "o equilibrio económico da concesión queda asegurado, e o Concello de Vigo recibe ingresos que serán destinados á mellora do tráfico da cidade" asegurou o concelleiro.
O alcalde, Abel Caballero, salientou "o empeño do Goberno local pola mellora do tráfico e a mobilidade en Vigo", citando a regulamentación que permite a supresión dos vehículos pesados no centro da cidade ou as novas liñas de VITRASA ao Meixoeiro e a Citroën. Do mesmo xeito felicitou á Concellería e á concesionaria polo seu "magnífico traballo", cun servizo que contribuirá "á mellora do tráfico coa máxima facilidade de uso para os cidadáns e con tarifas moi competitivas".
Pola súa parte, Leopoldo del Pino, director xeral da concesionaria Daunier, destacou a "boa disposición" do Concello coa empresa, e garantiu que "Vigo contará coa última tecnoloxía". Del Pino afirmou que "non hai ningunha cidade en España que conte con mellor tecnoloxía que Vigo". "O segredo do servizo", afirma, "é que o estacionamento a curto prazo teña lugar en superficie, e o de medio e longo prazo sexa soterrado".
A XER conta con 2.850 prazas (das que 43 son prazas para minusválidos, que non pagan o servizo), 154 máquinas expendedoras e un 65% de ocupación cun ratio de 3,5 vehículos por praza e día. As tarifas do servizo son de 25 céntimos ata 32 minutos, 60 céntimos ata 71 minutos e 1,25 euros ata as dúas horas máximas.
Segundo 'vision car'
O novo vehículo de control do estacionamento, que tamén estará operativo mañá, velará polo cumprimento de toda a normativa de tráfico, segundo garantiu o concelleiro de Mobilidade. Calviño sinalou que o automóbil atenderá todo tipo de infraccións, como o estacionamento en pasos peonís, nas prazas de minusválidos e de autobús, ou a dobre fila.
Abel Caballero avanzou que "a operatividade do vehículo será flexible, non será un instrumento de recadación". Dependendo do lugar onde se cometa a infracción e das súas condicións, operarase desde a "razonabilidade" do servizo. Para acadalo, o alcalde pediu "a colaboración activa de todos os vigueses".