A Oficina Municipal de Voluntariado colaborará na campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore"
O Concello de Vigo, Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia poñen por primeira vez en marcha na nosa cidade a campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árobore", coa que apelan á solidariedade e á sensibilidade medioambiental dos vigueses e viguesas. A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello promove a participación nesta dos cidadáns nesta iniciativa.
A idea desta campaña xurdiu no ano 2000 froito de dúas grandes preocupacións da sociedade actual. Por unha parte, os incendios forestais están a aumentar dun modo alarmante nos meses de verán, e dunha forma moi destacada en Galicia. Estes incendios forestais son causa de graves prexuízos ecolóxicos, sociais e económicos. A plantación de árbores autóctonas nestas zonas contribúe á conservación da biodiversidade galega. Por outro lado os índices de doazóns de sangue baixan de maneira desproporcionada, paradoxalmente na época na que fai máis falta debido ao aumento do número de accidentes, o Nadal, Semana Santa e os meses de verán.
A primeira edición da campaña tivo lugar en Chantada, e nos anos posteriores desenvolveuse na cidade de Ourense, na que a última edición tivo lugar no mes de xullo de 2007. Dende o primeiro ano de realización desta campaña ata o último as doazóns aumentaron todos os anos entre un 20% e un 30%.
Os voluntarias e voluntarios que participan en "Axuda a vivir" informarán da necesidade real de facer unha doazón de sangue. Cada día son necesarias na nosa comunidade 500 doazóns de sangue para poder atender as operacións cirúrxicas programadas, os tratamentos que requiren algún compoñente do sangue e as urxencias, nas que teñen especial valor as doazóns do grupo sanguíneo O – doador universal.
Os labores de información e as doazóns lévanse a cabo nunha unidade móbil, o que favorece a colaboración daquelas persoas que transitan polas nosas rúas. A unidade móbil colocarase nun lugar diferente da cidade cada día durante unha semana. Na unidade un médico failles aos futuros doantes unha pequena entrevista previa e unhas sinxelas probas para garantir o seu bo estado de saúde antes de pasar a doar.
Unha vez rematan de facer a doazón os voluntarios informan sobre a necesidade de conservar os nosos montes. Despois, cada doante cobre unha ficha cos seus datos que o acredita como posuidor dunha árbore coa que poderá contribuír á reforestación dunha área degradada dos montes galegos.
No caso de que a persoa doante queira recoller persoalmente a súa árbore para plantala nun terreo da súa elección, poderá facelo o día 19 de febreiro na lonxa do Concello. Coas árbores cedidas polos doantes que non as vaian plantar persoalmente realizarase unha plantación colectiva nalgún bosque afectado polos incendios ou que necesite ser reforestado. Esta plantación levarase a cabo conxuntamente entre os voluntarios e voluntarias ambientais e un centro de ensino da cidade, implicando desta forma aos mais cativos no proxecto.
Datas da campaña
A campaña consta de dúas fases:
1.DOAZÓN
Realizarase do 21 ó 25 de xaneiro, en cinco puntos diferentes da cidade, en dúas quendas de mañá e tarde.
LUNS, 21 de xaneiro:
Confluencia da R/ Venezuela e R/ Camelias (fronte o Castro, ao lado do quiosco) en horario de mañá, de 9:30 a 14:30 horas
R/ Venezuela, 44, en horario de tarde de 15:30 a 21:00.
MARTES, 22 de xaneiro:
R/ Urzaiz, 150. Calvario (diante de Caixa Nova). Toda a xornada.
MÉRCORES, 23 de xaneiro:
R/ Purificación Saavedra xunto á Praza do Mercado de Teis. Toda a xornada.
XOVES, 24 de xaneiro:
R/ Príncipe cruce con R/ Urzaiz, xunto á farola. Toda a xornada.
VENRES, 25 de xaneiro:
R/ Travesía de Vigo,111 (diante do Banco Pastor). Toda a xornada.
2. PLANTACIÓN
Realizarase en dous días, o 19 e o 22 de febreiro.
19 de febreiro: reparto das árbores, na lonxa do Concello, en horario de mañá.
22 de febreiro: prantación colectiva nun terreo do Concello de Vigo, en horario de mañá.
Entidades promotoras e colaboradoras
A campaña está promovida e organizada polo Concello de Vigo, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, que coordina ademais ás voluntarias e voluntarios que van participar nas actividades. A organización é conxunta co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Amigos da Terra, entidades que a realizan en Galicia por oitavo ano consecutivo, aínda que por primeira vez na cidade de Vigo. O Concello de Vigo colabora tamén a través do departamento de Parques e Xardíns, que facilitará o terreo para a plantación colectiva.
As árbores serán achegadas pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, que colaborará tamén aportando as ferramentas necesarias para a plantación.
Durante a fase de doazón, as persoas que se achegan a doar recibirán un pequeno refrixerio para recuperar líquidos e azucre como é habitual nestes casos; estes refrixerios serán fornecidos polo Grupo Eroski, colaborador habitual desta campaña en edicións anteriores.
Máis información no teléfono da Oficina Municipal de Voluntariado (986 810 213) e en www.cidadansvigo.org/voluntariado/.
Descargar todas as imaxes