Escoitar

Vigo será o punto de partida da exposición estatal do Bicentenario da Guerra da Independencia

Vigo será a sede inaugural da mostra "Levantados en Armas", organizada pola Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais (SECC) co gallo do Bicentenario da Reconquista e da Guerra da Independencia. A exposición, que comezará en marzo de 2009, contará cun apartado exclusivamente dedicado á Reconquista de Vigo, a primeira cidade de España que derrotou os franceses.

mércores, 16 xan 2008
1200495319madrid160108.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo esta mañá unha reunión en Madrid co presidente da SECC, José García-Velasco, e coa directora de Proxectos, Carlota Álvarez Basso. Nela, o alcalde trasladoulles o importante papel da cidade na Guerra da Independencia que liberou España da ocupación francesa, "relevancia pola que Vigo debía incorporarse sen falta á celebración do Bicentenario tamén a nivel estatal", sinalou Abel Caballero.

O alcalde avanzou que a SECC xa está a preparar os convenios que incorporarán a Vigo aos actos conmemorativos estatais, e que previsiblemente poderán ser asinados nas próximas semanas.

Ademáis da exposición, a Sociedade estudará, a solicitude do alcalde, que Vigo se integre tamén no circuíto de concertos que o organismo organiza con motivo do Bicentenario. Abel Caballero puxo especial énfase en que Vigo acolla unha ópera, xunto coa programación do Bicentenario.
Descargar todas as imaxes