A praza do Rei acolle este sábado as simultáneas de xadrez de 500 xogadores contra cinco mestres
Arredor de 500 persoas están convocadas para participar nas simultáneas de xadrez que se disputarán este sábado na praza do Rei. As partidas, que comezarán ás 11.00 horas, desenvolveranse contra cinco mestres desta disciplina: Daniel Rivera, Pablo García, Rafael Rodríguez, Manuel Pena e Miguel Senye.
Así o anunciou este venres o concelleiro de Cultura, Xesús López, na presentación do evento, na que estivo acompañado por Roberto Páramo, presidente do club organizador, Xadrez Lucena, e o xadrecista Manuel Pena.
"Esta competición ten levantado moitísimo interese entre o público de todas as idades", salientou Xesús López, xa que entre os anotados figuran varios nenos de 4 anos e unha afeccionada de 83 anos. Tamén está prevista a participación dos escolares do programa municipal das Escolas Deportivas de Xadrez. Ademais, haberá un punto de información e un monitor para as persoas que queiran achegarse por primeira vez á práctica do xadrez.
Os cen primeiros participantes comezarán as partidas contra os mestres ás 11.00 horas. A medida que vaian rematando, incorporaranse novos competidores, mentres que os que xa finalizaron se anotarán na lista doutro mestre. Deste xeito, todos os anotados no torneo participarán cando menos unha vez contra un destes grandes expertos do xadrez. Ao remate das partidas, ás 13.00 horas aproximadamente, procederase á entrega de obsequios a todos os participantes e de premios aos gañadores.
"A actividade que terá lugar mañá é a punta do iceberg da programación que desenvolveremos nos próximos meses para dar cobertura ao gran número de afeccionados ao xadrez que hai na cidade", explicou o concelleiro, quen adiantou que está prevista a organización de diversos torneos para achegar a Vigo os mellores xogadores do ámbito internacional. Neste sentido, Roberto Páramo confirmou que a segunda edición do Torneo Cidade de Vigo de Xadrez se celebrará o 14 de xuño.
Descargar todas as imaxes