Ízase a Bandeira Azul na praia de Rodas
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, trasladouse ás illas Cíes para proceder ó izado da Bandeira Azul na praia de Rodas. As praias da Punta e da Fonte conseguiron tamén este distintivo europeo.
O galardón da Bandeira Azul pretende tanto implicar os cidadáns na conservación do contorno, mesmo nos sitios de afluencia turística, como que as praias concorridas e organizadas respecten aquelas condicións hixiénicas, sanitarias e ambientais que a lexislación vixente esixe, co obxectivo de garantir a seguridade e o benestar dos usuarios, para o que se fai necesaria a súa implicación no mantemento e conservación do contorno.
Trala visita ás illas, celebrarase un Pleno da Xunta Rectora para realizar unha análise do Parque Natural e tratarase a proposta do Parlamento español sobre a declaración de Parque Nacional.
Descargar todas as imaxes