O Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo adquire nesta edición a condición de internacional
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a XXVIII edición do Gran Premio Ciclista Internacional que se celebrará o 12 de agosto cun percorrido de 12 voltas ó circuíto pola cidade organizado polo Club Ciclista Vigués.
Santiago Domínguez explicou que este premio constitúe o colofón das actividades como marchas populares organizadas polos clubes ciclistas nos barrios da cidade. Animou o Club Ciclista Vigués a seguir na liña do traballo a prol da práctica e fomento deste deporte.
O presidente do Club Ciclista Vigués, José Ángel García, explicou que participarán nesta edición ciclistas profesionais, elites e sub-23, un equipo de novos valores procedente de Rusia e outros de Portugal.
O percorrido partirá do Castro, ás 9:30 horas e seguirá pola avenida de Madrid, circunvalación de Castrelos, avenida de Citroën, circunvalación oeste, Castelao, praza de América, Camelias e O Castro. Terá unha distancia de 145 quilómetros, que supoñen 12 voltas ó circuíto. O presuposto rondará os catro millóns de pesetas.
Descargar todas as imaxes