Escoitar

A IX Bandeira de Traíñas Concello de Vigo repartirá case dous millóns de pesetas en premios

xoves, 26 xul 2001
imx487.jpg
A regata de traíñas correspondente á novena edición da Bandeira do Concello de Vigo realizarase o 29 de xullo onda o Real Club Náutico de Vigo e constitúe un paso previo ó Campionato de España que se celebrará dentro de dúas semanas na cidade.

”Dentro dos moitos eventos que se organizan na cidade, estamos a traballar na recuperación dos deportes tradicionais que teñen un amplo arraigo na sociedade viguesa”, explicou o concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez. Preténdese que, coa recuperación desta bandeira, este evento se convirta nun referente importante no calendario do remo, segundo afirmou o concelleiro.

Santiago Domínguez agradeceulle ó Real Club Náutico os esforzos realizados para organizar a regata e á Federación Galega de Remo o labor desenvolvido para incentivar este deporte en Vigo.

O primeiro premio está dotado con 300.000 pesetas e repartiranse 1.945.000 pesetas en total. A composición das tandas será segundo os resultados da regata clasificatoria que se celebrou o pasado 21 de xullo.


Primeira tanda

-C.R. Chapela
-R.C. Náutico de Vigo
-S.D.C. Esteirana
-C.R. San Simón
-C. Mar Bueu

Segunda tanda

-S.D. Samertolameu de Meira
-C.R. Vila de Cangas
-C.R. Muros
-C.R.C. Cesantes
-C.R. Rianxo

Terceira tanda

-S.D. Tirán
-C. Regatas Perillo
-C.R. Mecos
-C.R. Cabo de Cruz
-C.R.Amegrove

A reunión de delegados será ás 10:30 horas no Real Club Náutico de Vigo e unha hora despois darase a saída á primeira tanda. As seguintes irán a continuación.
Descargar todas as imaxes