A Sala dos Peiraos acolle a exposición dos carteis das Festas do Cristo
Dende hoxe e ata o 5 de agosto, a Sala dos Peiraos, na Praza da Constitución, acollerá a exposición de carteis que concorreron ó V Concurso convocado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural co gallo das Festas do Cristo da Victoria.
Entre os carteis que se mostran atópase o gañador do concurso, presentado por Nicolás Saborido Cifuentes, que recibiu un premio de 500.000 pesetas.
Pódense ver tamén os dous accesits concedidos, ambos premiados con 100.000 pesetas, e obras de Andrés Meixide Gayoso e Víctor Tizón Bote.
O horario de apertura da sala é de 18 a 21,30 de luns a venres: de 11,00 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 os sábados, e de 11,00 a 14,00 os domingos e festivos.