A Escola-Obradoiro ”Mar de Vigo” intensifica as súas actividades e trasládase ás inmediacións da praia do Vao
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, e mailo delegado provincial da Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, Joaquín Macías, inauguraron esta mañá a nova sede da Escola-obradoiro “Mar de Vigo”, situada nas inmediacións da praia do Vao.
A posta en marcha desta nova sede permitirá, tanto polas súas dimensións como pola súa proximidade ó mar, que os alumnos da escola-obradoiro poidan realizar os traballos previstos dun xeito máis operativo, integrándose así o proxecto no seu medio natural e facéndoo precisamente nun momento tan favorable como é a época estival para que as súas actividades poidan ser coñecidas e valoradas na súa verdadeira dimensión.
A Escola-obradoiro “Mar de Vigo” iniciou formalmente as súa andaina no mes de xullo de 2000 e o seu proxecto de obra, en xaneiro de 2001, coas especialidades de carpintería de ribeira, novas técnicas de construcción naval, actividades náutico-turísticas e instalacións marítimo-deportivas, con 60 alumnos-traballadores, de idades comprendidas entre os 16 e os 24 anos, e un equipo técnico composto por directora, titor, auxiliar e un grupo de 8-10 expertos docentes.
Este novidoso proxecto, promovido e xestionado pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego e subvencionado pola Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e polo Fondo Social Europeo, naceu coa pretensión de que o Concello de Vigo vaia asumindo iniciativas nun sector tan importante como é o da promoción e estímulo da navegación en embarcacións tradicionais e a súa construcción, difusión e mantemento, tratando ó mesmo tempo de dar resposta ás necesidades acuciantes de persoal debidamente formado que este tipo de actividades, con tanto futuro no noso territorio demandan.
Coa posta en marcha destas novas instalacións, a escola-obradoiro “Mar de Vigo”, referente xa no mundo das embarcacións tradicionais, quérese agora consolidar como axente local no campo da promoción das actividades náuticas en xeral, vencelladas a un recurso natural que nos é propio, como é o “Mar de Vigo”, e que posúe unha enorme capacidade de xerar unha importante actividade económica asociada, precisamente nun momento como o presente, cos sectores productivos clásicos (pesca, construcción naval, etc.) en crise, necesitado de alternativas que garantan a supervivencia de numerosas familias intimamente relacionadas co mar. Estamos, polo tanto, diante dun proxecto de emprego e de desenvolvemento local con verdadeira vocación de continuidade.
Descargar todas as imaxes