A campaña ”¿Xogas?, en galego podemos” pretende fomentar o uso do galego na poboación infantil
As concellerías de Normalización lingüística, Xuventude e Educación organizan un programa de carácter lúdico para fomentar o uso do galego entre os menores de seis anos de idade, en colaboración co colectivo ”Nais e Pais polo Ensino en Galego” vinculado á Mesa pola Normalización Lingüística.
As actividades desenvolveranse os venres do 23 de marzo ó 4 de maio en Vigo, e desde esa data ata o 1 de xuño en Pontevedra. Este venres está prevista a actuación de Migallas ás 17:30 na Casa da Xuventude. Rivel Animación, Paula Carballeira, Faíscas e Cabezolos son outros dos participantes nesta campaña.
Obradoiros de globos, maquillaxe, tatuaxes, malabares e xogos orixinais son algunhas das propostas que realizará o grupo Rivel Animación na Praza do Rei o venres 30 ás 18:00 horas. Paula Carballeira e Faíscas contaranlles historias fantásticas ós pequenos na Biblioteca Central o 6 de abril e o 20 de abril, respectivamente, e Cabezolos porá en marcha o programa ”Xogar en galego mola mogollón” con xogos cooperativos ó aire libre e un primeiro achegamento ós xogos tradicionais na Praza do Rei.
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Martínez-Corbalán, sinalou que os centros de ensino e colectivos veciñais poden sumarse a esta proposta que prevén proseguir, nunha segunda fase, no outono.
Esta campaña empréndese trala evidente perda de uso da lingua galega por parte da poboación infantil nas cidades. Desde a Concellería de Normalización Lingüística considérase necesario poñer en marcha actividades e accións dirixidas a promover e facilitar o uso do galego na poboación infantil e estimular unha actitude lingüística positiva e equilibrada nas familias e na sociedade galega en xeral.
Descargar todas as imaxes