A afgana Behjat Hamra ofrecerá unha conferencia sobre a situación das mulleres no seu país
A voceira do comité de Asuntos Exteriores da Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán (RAWA), Behjat Hamra, estará en Vigo, nun acto organizado pola Concellería da Muller, para explicar a situación das mulleres nese país, sometidas ó sistema de vida imposto polos homes talibán.
Behjat Hamra estudiou nunha escola da RAWA onde ensinaban os dereitos humanos e, ós 17 anos, decidiu integrarse na organización. A comezos de ano, organizaron unha manifestación en Pakistán, foron apaleadas polos integristas, e varias mulleres terminaron no cárcere. ”Estas cousas reforzan o compromiso, reafírmante no convencemento de que non nos podemos render e de que temos que liberármonos deses fanáticos”, explicaba Behjat Hamra nunha entrevista.
Os talibán son un grupo creado a partir dos orfos da guerra que foron educados nas escolas integristas de Pakistán. Apareceron en 1994, tomaron Kabul en 1996 e agora controlan o 95% do país. O outro 5% está en mans doutros grupos fundamentalistas.
As mulleres non poden saír á rúa sen compaña dun varón adulto. Tampouco teñen dereito a traballar e, practicamente, carecen de asistencia médica. Teñen a obriga de vestir unha incómoda prenda, a burka, que as cobre da cabeza ós pés, impide a visibilidade e dificulta a respiración.
Neste país non hai música, fotografía nin televisión. Os venres celébranse execucións e mutilacións públicas nos estadios deportivos e os rapaces están obrigados a presencialas.
Na actualidade, o 95% dos nenos afganos non recibe ningunha educación. Prohíbeselles ás nenas que estudien, pero a RAWA mantén centros de primaria clandestinos que constitúen a única vía de ensino para as mulleres, a pesar de que tiveron que pechar as escolas superiores para refuxiados en Pakistán.
A RAWA defínesese como unha organización política oposta ós fundamentalistas e isto fai que non reciban axudas dos organismos internacionais oficiais.
Descargar todas as imaxes