” Entre árbores , paso a paso” é o programa de rutas de Medio Ambiente
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou un programa de rutas de sendeiros da cidade e a segunda edición do ” Catálogo das Árbores Singulares de Vigo”
Coñecer a natureza de Vigo é o obxectivo do programa ” Entre árbores, paso a paso” que consiste en percorrer durante a mañán dos sábados parte do sendeiro panorámino GR 53.
As saídas serán dende a Praza de América ás 9.30 h. en transporte público. Os percorridos serán de entre 10 e 15 km. e están pensados para todas as idades, xa que as rutas non ofrecen dificultade ós camiñantes.
As persoas que asistan a esta actividade , gratuíta agás o billete de autobús, estarán guiadas por especialistas.
A primeira saída será o sábado, día 24 de marzo. A partir desa data o calendario é o seguinte: 31 de Marzo: 21 e 28 de Abril: 5,12,19 e 26 de Maio: 2,9,16,23 e 30 de Xuño: 7,14,21 e 28 de Xullo: 4,11,18 e 25 de Agosto: e 1 e 8 de Setembro.
Catálogo de Árbores
A concellería de Medio Ambiente publicou a segunda edición do ” Catálogo das Árbores Singulares do Concello de Vigo” redactado por Jesús Fernández Alonso e Antonio Riguero Rodríguez, do Departamento de Producción Vexetal da Universidade de Santiago.
O libro recolle as características e localización destas árbores singulares da cidade.
Descargar todas as imaxes