A Concellería de Emprego e PSA-Citroën asinan un convenio para a contratación de 30 desempregados
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, asinou esta mañá un convenio de colaboración co director de PSA Peugeot Citroën de Vigo, Javier Riera Nieves, que permitirá a contratación de 30 desempregados durante un tempo mínimo de 12 meses, a xornada completa, na devandita factoría viguesa. Esta actuación de fomento de emprego enmárcase no programa de axudas municipais á contratación, do Plan municipal de Emprego 2000-2003, e polo tanto PSA Peugeot Citroën de acordo coas bases do mesmo recibirá unha subvención total de 7.500.000 ptas., é dicir 250.000 ptas. por traballador.
Os beneficiarios destas contratacións serán persoas desempregadas que participaron nalgunha das accións ou programas que ten en marcha a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego dentro do Plan Municipal de Emprego 2000-2003, e o seu perfil profesional será acorde cos requisitos de contratación habitualmente esixidos pola empresa. Neste senso, sinalar que as condicións laborais e salariais dos traballadores contratados serán idénticas ás do resto do persoal de PSA Peugeot Citroën, rexéndose polo Convenio colectivo vixente.
Por outra parte, nomearase unha Comisión de seguimento, composta por dous representantes por cada unha das partes asinantes do devandito convenio, para velar polo cumprimento do mesmo e para determina-los criterios non previstos no texto asinado.
Hai que destacar que este é o segundo convenio de colaboración asinado desde esta Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego con PSA Peugeot Citroën en materia de emprego, xa que no pasado ano 2000, no marco do proxecto europeo Sísifo, se asinou un acordo polo que se contrataron 25 rapaces de entre 16 e 20 anos durante 12 meses.
Descargar todas as imaxes