O Concello anula o proxecto de compensación do Pepri II-02 Finca do Conde
O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou anular o proxecto de compensación do Pepri II-02 Finca do Conde, retrotraendo as actuacións do expediente ó momento procedimental inmediatamente anterior á constitución da Xunta de Compensación. Con esta decisión admítense en parte varios dos recursos presentados contra o devandito proxecto.
O motivo da anulación é a omisión no proxecto de compensación da Administración do Estado como titular dos aproveitamentos urbanísticos correspondentes ós terreos expropiados polo Ministerio de Fomento para a execución do primeiro cinto de circunvalación de Vigo.
Desestimado o Peri I-08 Praza de España
O Consello da Xerencia acordou tamén desestimar a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior I-08 Praza de España solicitado pola entidade mercantil Cysugal S.A. O devandito Plan tivo un informe negativo da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas por diversos motivos. Entre eles, citábase o incumprimento da tipoloxía prevista no Plan Xeral de mazá pechada e a indebida localización de aparcamentos privados baixo viais e espacios de dominio público.
Exposición ó público do avance do Plan Especial de Protección do parque Quiñones de León
A Concellería de Patrimonio Histórico contratou en 1999 unha asistencia técnica que presentou un primeiro avance do Plan Especial de Protección do parque Quiñones de León, aprobado hoxe polo Consello da Xerencia de Urbanismo. Este avance está aberto ás suxestións que os interesados desexen formular no prazo dun mes.
O avance contén un inventario dos bens naturais, patrimoniais e etnográficos do parque, así como un diagnóstico dos problemas e propostas de actuación para a súa conservación en relación co contorno inmediato.
Por tratarse dun espacio catalogado como Ben de Interese Cultural, a protección esténdese a 16 metros do borde exterior do recinto, zona na que se suspenderá a concesión de licencias mentres dure a tramitación deste documento.