Escoitar

Feira de Artesanía: Artesamil

xoves, 19 xul 2001
A partires do día 20 e ata o vindeiro día 29 de xullo, terá lugar a segunda edición da feira de artesanía ARTESAMIL, ubicada na pista de patinaxe de Samil. Baixo unha gran carpa, os artesáns de Galicia amosarán traballos realizados con técnicas variadas, que poderán ser adquiridos polo público asistente. Entre outros, poderanse visitar postos de ourivería, bisutería, coiro, esmaltes, papel, pintura, bonecas e cerámica.

Polas tardes e mentres dure a feira, levaranse a cabo obradoiros de artesanía para que os xoves poidan aprender e coñecer as diferentes técnicas de elaboración de pezas artesáns, elaborándoas coas súas propias mans. Realizaranse obradoiros de pasta de papel, pintura, bonecas, cerámica, madeiras e xoguetes. O horario dos obradoiros é de 17:30 a 21:30.

A feira pode ser visitada durante as mañás dende as 11:30 ata as 14:00 e polas tardes dende as 17:00 ás 22:30. e conta coa apoio da Concellería de Xuventude.