Escoitar

A banda Mago de Oz actuará a vindeira semana no pavillón das Travesas

xoves, 19 xul 2001
imx468.jpg
A Concellería de Xuventude apoia o concerto que o grupo Mago de Oz ofrecerá o martes 24 de xullo no Pavillón das Travesas. A mestura de música celta e heavy levounos a conseguir un disco de platino co seu ”Finis Terra”.

A conceptualidade dos seus traballos, concibidos como se fosen auténticas óperas-rock, e maila vitalidade dos seus directos, fan que este sexa o grupo español que ten no seu haber as xiras máis exitosas dos últimos anos.

A banda foi fundada en 1989 e tres anos despois foi finalista no concurso ”Villa de Madrid”. En 1994 sacaron á rúa o seu primeiro traballo denominado ”Mago de Oz”. Unha xira condúceos a ser proclamados como grupo revelación no ano 1995 e os cambios na formación deixan a Mohamed (violín), Carlitos (guitarra solista), Frank (guitarra), Salva (baixo), José (voz e teclados) e Txus (batería) iniciar unha carreira sen freo.

En 1996 editan ”Jesús de Chamberí”, base do tour ”Vía Crucis”, no 1997 ”La leyenda de La Mancha” e ”The Riiichal Tour”, que fan que a lenda dos directos demoledores continúe medrando.

Así chegan a este ”Santiago y Vuelca España Tour” onde se presenta o disco de platino ”Finis Terra” coa presencia do grupo Lujuria como teloneiro e o reforzo de Fernando Ponce de León nas frautas e Quisquilla nos teclados.

O prezo das entradas anticipadas é de 1.800 pesetas e de 2.000 antes do concerto.
Descargar todas as imaxes