Concello e Xunta colaboran na prevención e incorporación social de drogodependencias
A Xunta de Goberno Local aprobou solicitar á Xunta de Galicia a subscrición dun convenio de cofinanciamento para o desenvolvemento de programas de prevención e incorporación social de drogodependencias para o período de xullo de 2007 a xuño de 2008.
O convenio contempla actuacións en prevención e incorporación social. Na área de prevención traballarase, entre outros aspectos, na realización de cursos de formación para o profesorado; organización de actos con motivo do décimo aniversario do Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo; programa de prevención do Consumo de Drogas na Escola; programa Cinensino; obradoiro sobre sexualidade e drogodependencias ou escola de pais e nais.
En incorporación social o convenio establece a xestión e funcionamento do CE.RE.DA ( Programa de Reducción de Danos para a poboación en situación de Exclusión Social ) e o programa Sereos de carácter comunitario de saúde e convivencia de rúa.
Por outra banda, a concelleira María Méndez mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa secretaria xeral de Benestar Social, María Xesús Lago, e co delegado provincial de Vicepresidencia, Francisco Verea, para falar das necesidades da cidade en materia de servizos sociais. Entre outras cuestións anunciouse que en breve entrará en funcionamento o centro de día "Atalaia", de Teis, con 40 prazas para persoas maiores, ó rematar as obras de acondicionamento deste edificio.