Escoitar

Inicio da operación colilla

O martes,3 de xullo, terá lugar a limpeza popular das praias de Fontaíña e Baluarte (Coruxo), de 10:00 a 13:00h., organizada pola Asociación Fontaíña co apoio do persoal voluntario da Oficina Municipal de Voluntariado.

luns, 2 xul 2007
1183379083colilla.jpg
O obxectivo desta actividade, denominada desde sempre Operación Colilla, e limpar toda a serie de pequenos residuos que a xente vai deixando na area, como cabichas, plásticos,… e que ate o de agora so se limpaban mediante máquinas tamizadoras co conseguinte impacto ambiental sobre a fauna e flora que habita nas areas da praia, algo nada recomendable nun areal de tanto valor ecolóxico como A Fontaíña. Para facilitar esta tarefa os voluntarios empregan uns recolledores deseñados ao efecto.

Outro dos obxectivo é solucionar o problema na súa orixe, e dicir, concienciar á xente que deixa estes restos. Para isto, unha parte dos voluntarios repartirá aos bañistas cinceiros de praia e un folleto informativo, para que os empreguen cando vaian a esta ou calquera outra praia. A finalidade é concienciar á sociedade da importancia de manter limpos os nosos areais.

A praia de Fontaiña é un das poucos areais vigueses que conta con ecosistemas dunares en bo estado de conservación, resultado dun proxecto de conservación desde o inicio da década dos 90 veñen realizando o Concello de Vigo a través dos servizos de Medio Ambiente e Voluntariado maila Asociación Fontaíña.

A actividade que se organiza anualmente na que voluntarios, nunha xornada de verán, peinan toda a praia recollendo desperdicios de pequeno tamaño (colillas, plásticos, papeis, chapas,...) de orixe artificial, deixando os restos orgánicos, principalmente algas, para substento das comunidades biolóxicas que se asentan nesta praia.
Descargar todas as imaxes