Escoitar

Balaidos acollerá O "Cidade de Vigo" de Atletismo en Pista o 4 de xullo<br /> <br />

Máis de 150 atletas daranse cita o mércores no Estadio Municipal de Balaidos no XXVIII Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo en Pista organizado pola delegación Federación Galega de Atletismo. O premio está patrocinado pola concellería de Deportes e presentouno hoxe en rolda de prensa o concelleiros Xabier Alonso.

luns, 2 xul 2007
1183378042alonsoatletismo.jpg
O concelleiro amosou a máxima colaboración do Concello para mellorar e potenciar esta proba de atletismo e animou á cidadanía a disfrutar do Gran Premio de Atletismo en Pista. Xabier Alonso mandou unha mensaxe de tranquilidade aos deportistas garantindo a permanencia das pistas de atletismo.

Na competición que comezará ás 19:30 horas con acceso gratuíto , disputaranse as modalidades de 100, 800, 1000, 3000 e 5000 m. lisos; xavelina, triple, pértega, lonxitude, peso 4kg e martelo 7,26 kg.

As inscricións pódense realizar ata ás 21 horas do día 2 de xullo na delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo a través do número de fax :986 44 12 16 ou na dirección de correo electrónico fgavigo@terra.es
Descargar todas as imaxes