Escoitar

Aprobada a rexeneración da vella canteira de Matamá e a urbanización da Baixada ao Capitán, en Lavadores

xoves, 12 xul 2001
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de urbanización da Unidade de Execución Canteira en Matamá, que inclúe entre outras actuacións a rexeneración e axardinamento da vella canteira situada nesa parroquia e a ampliación a 16 metros de anchura do camiño da Balsa.

Así mesmo aprobouse o proxecto de urbanización da U.E. IV-10 Ramón Nieto. Este proxecto, avaliado en 95.432.892 pesetas, prevé a apertura dunha nova rúa entre a Baixada ao Capitán e Sta. Cristina: tamén se ampliarán este vial e o camiño de Fontáns e unirase Ramón Nieto con Fontáns a través dun paseo peonal.

O outro proxecto de urbanización aprobado polo Consello da Xerencia é o do Núcleo rural de Argazada, en Alcabre. O Concello investirá aquí máis de 48 millóns de pesetas para ensanchar e urbanizar o camiño da Garita e a rúa Salgueiral.