O Cristo da Victoria no arquivo Llanos
A Casa Galega da Cultura acolle dende mañá día 12 e ata o 5 de agosto unha exposición de fotografías sobre o Cristo da Victoria realizada por Ángel Llanos.
O fotógrafo Ángel Llanos garda nos seus arquivos boa parte da memoria gráfica da cidade de Vigo. Esta é a primeira exposición dunha serie de dúas e está adicada á procesión do Cristo da Victoria nas súas variadas facetas: pobo, autoridades, percorrido... nun período histórico que abrangue practicamente todo o século XX.
A exposición está composta por un total de 40 fotografías en branco e negro e cor nas que Ángel Llanos, o seu pai e o seu avó, reflicten ó longo do tempo a tradición do pobo de Vigo e o Cristo da Victoria.