O esforzo decidido das institucións públicas inicia unha cultura da rehabilitación de edificios antigos
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Martínez-Corbalán, explicou que nos últimos anos se cuadruplicaron as solicitudes de licencias para a rehabilitación de edificios en Vigo. Destacou o esforzo decidido e continuado desde as institucións públicas, a iniciativa privada e as entidades financeiras para principiar unha ”cultura da rehabilitación” na cidade.
Carme Martínez-Corbalán presentou os distintos plans de rehabilitación que se realizan no Concello de Vigo.
O programa de fachadas e cubertas do Casco Vello conta cun presuposto de 200 millóns de pesetas e está financiado pola Unión Europea. Prevese que antes de fin de ano as obras estean concluídas en 60 ou 70 vivendas. A limpeza de fachadas, galerías e forxas é sufragada ata un 75% con fondos públicos. Vivendas situadas na rúa Real, Poboadores, Calatrava ou na praza da Constitución son algunhas das que se acolleron a este programa.
O plan de fachadas de Patrimonio Histórico actúa só en edificios catalogados e ofrece un tratamento conforme ás necesidades das fachadas e dos elementos singulares, pero non sobre problemas estructurais dos mesmos. Desde o Concello se aconsella sobre as cores e materiais de reposición. A partida orzamentaria municipal destinada este ano é de 15 millóns de pesetas e concédese, por rigorosa orde de solicitude, ata un máximo do 75% do gasto total das obras efectuadas.
Dentro dos convenios asinados entre o Concello e o Instituto Galego de Vivenda e Solo, existe un plan cuadrienal que contempla unha partida de 187 millóns de pesetas para edificios completos, vivendas individuais e elementos da comunidade de veciños. Unha das características deste plan é a necesidade de que as vivendas estean habitadas. Realizáronse 25 actuacións ata agora dun total das 160 previstas, entre as que destacan as destinadas á xente nova no Barrio Histórico. O edificio Bonín ou o do ”termómetro” acolléronse a este plan.
Para evitarlle molestias ó vecindario e non interromper as obras elaborouse un calendario de actuacións no que se tiveron en conta as datas das festas celebradas en cada lugar.
Descargar todas as imaxes