O Plan Xeral Contable facilitaralle a xestión económica ás asociacións da cidade
A Concellería de Participación Cidadá, dentro da súa liña de formación, vén de editar o Plan Xeral Contable para Organizacións non Lucrativas como unha ferramente importante e útil para a xestión económica, xa que contén as normas de información presupostarias.
Esta iniciativa responde á incorporación ó ordeamento xurídico por parte do Ministerio de Economía e Facenda desta nova norma contable aplicable con carácter xeral ás entidades sen fins lucrativos a través dun Real Decreto (776/1998) no que se establece a obrigatoriedade para tódalas fundacións de competencia estatal e asociacións declaradas de utilidade pública de rendir contas.
Trátase pois dunha ferramenta de obrigado cumprimento para estas entidades e recomendable para o resto das organizacións non lucrativas de xeito que todas elas poidan seguir un mesmo plan contable en relación cos epígrafes das contas anuais a través dun modelo que recolle os ingresos e gastos presupostarios. Servirá tanto dende a perspectiva inicial ou provisional como dende o punto de vista de realización ou liquidación, incluíndo as normas de elaboración que cómpre seguir na confección dos mesmos e aclarando o contido dos epígrafes utilizados.
Este documento será distribuído en tódalas ONLs da cidade e poderá atoparse ademais a disposición de tódolos interesados na Concellería de Participación Cidadá.
Descargar todas as imaxes