O Concello celebrará o día 22 de xullo o ”VI maratón fotográfico”
O Concello de Vigo celebrará por sexto ano consecutivo o maratón fotográfico que terá lugar o vindero día 22 de xullo. Neste concurso, poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición dende hoxe e ata o día 14 de xullo na Asociación Fotográfica Galega, rúa Uruguai, 17, ou ben no mesmo día do maratón no punto de partida, a praza do Rei, entre as 10,30 e as 11 da mañá.
Os participantes deberán fotografiar catro temas, entre eles, a parroquia de Saiáns: “O camiño da auga” e xente da noite, e os dous restantes, serán desvelados pola organización a cada concursante cando fagan o control, momento no que se lles entregará un carrete de doce fotos que deberán devolver antes da unha da mañá.
Cada participante deberá abonar 1.000 pesetas e o número máximo de persoas será de 200, segundo a orden de inscrición.
O gañador do primeiro premio recibirá a cantidade de 150.000 pesetas: o segundo, 100.000 e o terceiro, 50.000. Concederanse ademais tres accésit de 25.000 pesetas cada un. En tódolos casos os premios concédense á serie fotográfica.
Coas fotografías elixidas, o Concello de Vigo organizará unha exposición na Casa Galega da Cultura, entre o 30 de agosto e o 12 de setembro.