O Concello asinará un convenio para incentivar a utilización da enerxía solar na cidade
O concelleiro de Servicios Electromecánicos, Henrique Vieitez, explicou que o Concello está a elaborar unha ordenanza municipal para o aproveitamento da enerxía solar como sistema de quecemento de auga nas novas construccións con gran consumo de enerxía.
Tratarase de consensuar esta ordenanza con promotores, instaladores e responsables do Instituto para o Desenvolvemento do Aforro Enerxético. Entrará en vigor cunha moratoria dun ano co obxectivo de demostrar que é factible e que ten beneficios inmediatos. Os estudios demostran que cinco anos son suficientes para rendibilizar o investimento.
As vantaxes que ofrece o aproveitamento da enerxía solar baséanse na autosuficiencia, mediante a reducción da dependencia dos combustibles fósiles: na autonomía, a través da xeración de enerxía, e na reducción da contaminación.
A sinatura dun convenio cunha empresa líder no sector das enerxías renovables permitirá o asesoramento e a realización das xestións de busca de financiación para os interesados en poñer este sistema de aproveitamento da enerxía solar térmica en edificios públicos, instalacións con gran consumo de enerxía e novas construccións.
O Concello instalará este sistema no segundo andar para evitar problemas derivados de humidades, gañar espacio e servir de referente tanto para as administracións como para a cidadanía, ademais de demostrar a viabilidade do proxecto.
Estase estudiando que o Instituto Galego de Vivenda e Solo utilice a enerxía solar térmica nas vivendas sociais do Pau de Navia que terá unha repercusión do 0,5%-0,7% por metro cadrado e en cinco anos recuperarase o investimento cunha garantía mínima de 20 anos.