Escoitar

Fin de semana de diversión, deporte e espectáculo co Torneo de Water Volley en Samil

venres, 6 xul 2001
imx422.jpg
A Concellería de Deportes colabora coa organización do Torneo Larios de Water Volley que se desenvolverá esta fin de semana nas inmediacións do complexo deportivo de Samil. Este evento enmárcase na liña de promocionar a práctica deportiva nesta praia.

O water volley é un deporte de verán que esixe habilidade, destreza e capacidade física coa dificultade engadida de que o xogo se desenvolve en piscinas con auga ata os xeonllos. O torneo disputarase en 11 cidades españolas, das que sairán dúas parellas gañadoras que xogarán a gran final no mes de setembro en Madrid. Os gañadores conseguirán unha viaxe ás praias de Florida, lugar orixinario desta variante do volei praia.

A inscrición poderá realizarse no mesmo lugar da competición que será desde as 12:00 ata as 19:00 horas nas inmediacións do complexo deportivo de Samil.
Descargar todas as imaxes