O vindeiro luns aprobaranse os proxectos de convenio con R e Gas Galicia para proseguir as obras de canalización na cidade
Os proxectos de convenio entre o Concello de Vigo e as operadoras de cable e gas serán aprobados, de forma definitiva, na Comisión de Goberno do vindeiro luns. Gas Galicia e ”R” son as dúas empresas que desexan realizar máis obras na vía pública para a instalación da súa rede de servicios na cidade.
O Concello anunciara o pasado 16 de marzo a prohibición de realizar obras de canalización na vía pública ata a entrada en vigor dunha ordenanza reguladora. Daquela, esixíuselles ás empresas a reposición inmediata do pavimento e dos danos ocasionados nas beirarrúas e espacios públicos para poderen proseguir coas obras noutros lugares da cidade.
Con estes convenios búscase establecer as condicións nas que os devanditos operadores poden seguir realizando obras na cidade entre mentres non se aproba definitivamente a ordenanza que regulará este tipo de traballos.
Descargar todas as imaxes