Escoitar

Castrelos abre o sábado as portas ós concertos de verán

xoves, 12 xul 2001
imx438.jpg
Gloria Gaymor e The Beach Boys actuarán o próximo sábado no auditorio de Castrelos, concerto co que comeza a programación das Festas do Cristo da Victoria que se alargarán ata o 14 de agosto.

O espectáculo, que se inicia ás 21.30h., terá unha duración de tres horas aproximadamente. A primeira en actuar será Gloria Gaymor, gañadora dun Grammy á mellor gravación de música disco por ” I will survive” da que vendeu corenta millóns de copias en todo o mundo.

A continuación actuarán The Beach Boy, banda formada en 1961, e coñecida polo son ” surf californiano”.

O prezo das entradas para asistir ó concerto é de 2.000 pesetas.
Descargar todas as imaxes