Escoitar

Aprobado o protocolo para o desenvolvemento dun parque empresarial na Garrida

xoves, 12 xul 2001
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou, por unanimidade, o protocolo do Concello de Vigo coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o desenvolvemento dun parque empresarial na Garrida cunha superficie de 183.726 metros cadrados.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo adquirirá, mediante o sistema de expropiación forzosa, os terreos nos que realizará a actuación. Redactará o plan parcial e o proxecto de urbanización, de conformidade coa lexislación urbanística vixente, e presentarallos ó Concello para a súa tramitación.

O IGVS executará pola súa conta exclusiva, directamente ou a través da empresa pública Xestur, as obras de urbanización previstas.

O Concello apoiará a xestión de venda das parcelas polo IGVS e facilitará a obtención da licencia de obras polos compradores de parcelas, manterá a prohibición legal de establecer instalacións industriais en solo non cualificado urbanisticamente para este fin e esixirá o cumprimento dos prazos de edificación establecidos na licencia.