Escoitar

Douscentos nenos e nenas poderán participar no VIII Campus Polideportivo

Balonmán, baloncesto, voleibol, fútbol sala e hóckey sobre patíns, entre outras actividades, conforman a VIII edición do Campus Polideportivo, que se desenvolverá no Pavillón das Travesas do 25 ao 29 de xuño coa participación de nenos e nenas de 8 a 14 anos.

martes, 29 mai 2007
11804420011b.jpeg
O Campus, organizado pola Fundación VIDE, ten como obxectivo achegar os cativos á práctica de distintas modalidades deportivas, e ofrecerá de xeito paralelo outras actividades como unha excusión ás Illas Cíes e unha visita ao Museo do Celta. O horario do campus será de 10.00 a 18.00 horas.

A inscrición poderá facerse do 4 ao 21 de xuño presentándose na oficina da Fundación VIDE (r/ Cesáreo González, s/n). Custa 65 euros e inclúe o xantar para os cativos. O número de prazas é de 200.

O VIII Campus Polideportivo está patrocinado por Hiperxel e copatrocinado por Vital Vigo.
Descargar todas as imaxes