A Escola de Artes e Oficios reedita a súa revista "Argos"
A Escola de Artes e Oficios vén de reeditar a súa revista "Argos", que non saía á rúa desde 1988. A publicación, editada no obradoiro de artes gráficas do centro, ten publicidade trimestral como na súa época anterior.
No primeiro número da súa nova etapa, "Argos" inclúe un traballo sobre as madeiras que se empregan nos obradoiros de luthería antiga e outro sobre a reapertura da biblioteca pública "García Barbón", situada no propio centro e que levaba máis de dúas décadas pechada ao público.
A biblioteca, considerada de estilo inglés, dispón dun fondo bibliográfico de máis de 12.000 volumes procedentes do legado de García Barbón, doazóns de particulares e institucións e adquisicións do propio Concello.
A biblioteca está atendida por persoal técnico e conta con 80 postos de lectura para consulta, estudo ou investigación dos seus fondos, mobiliario axeitado, adiantos informáticos e técnicos e conexión a Internet.
A revista "Argos" poderá solicitarse directamente na Escola de Artes e Oficios ou enviando un correo electrónico a biblioteca.emao@vigo.org.
Ademais, a Escola de Artes e Oficios vai editar proximamente unha gramática do galego orientada ao campo da educación, cun glosario castelán-galego dos termos que se utilizan en obradoiros como os de cerámica, deseño, artes gráficas, ourivería, luthería, elaboración de instrumentos musicais tradicionais, pintura, escultura e talla e música tradicional e folk.
Esta gramática será unha das publicacións que editará a Escola de Artes e Oficios dentro da súa Serie Didáctica. A outra serie, a Artística, contará proximamente cun texto de gravado xaponés que actualmente se está a traducir do francés ao galego.
Descargar todas as imaxes