Os alumnos de Adestramento da Memoria e Informática para maiores reciben os seus diplomas
Os alumnos dos cursos para persoas maiores de Adestramento da Memoria e Informática organizados pola Concellería de Benestar Social recibiron este venres os seus diplomas de mans da alcaldesa, Corina Porro.
En total entregáronse 289 diplomas: 169 dos cursos de Adestramento da Memoria e 120 dos cursos de Informática.
Adestramento da Memoria
Ao longo deste ano desenvolvéronse oito cursos de Adestramento da Memoria para persoas maiores. Estes cursos son unha actividade preventiva para preservar a autonomía das persoas maiores, aproveitando a utilización dos recursos cos que contan. Así, os participantes aprenden a manter e estimular o proceso básico da atención e reforzan outros procesos cognitivos como a percepción, alinguaxe, a capacidade lóxica e o cálculo.
Estes cursos tiveron unha grande acollida, xa que fan moi agradable a aprendizaxe ao non basearse na memorización de conceptos, senón na creación de hábitos de vida que favorezan e reforcen a capacidade de recordar.
As actividades lévanse a cabo desdee xaneiro e finalizan o 12 de xuño, de maneira descentralizada para atender ás zonas de residencia dos e das solicitantes. Así, houbo cursos en Coruxo, Bembrive e Beade e, para atender a toda a poboación do centro realizáronse tres no Casco Vello e dous na Asociación "Agarimo".
En total, participaron nestes cursos de Adestramento da Memoria 169 persoas maiores de 65 anos. Delas, 149 eran mulleres e 20, homes. Desde a Concellería de Benestar Social sinalan que foi unha actividade moi ben acollida e que o único problema veu dado polo exceso de demanda. Actualmente existe unha lista de espera de máis de 200 persoas. O curso ten unha duración de 15 horas, repartidas ao longo de seis semanas.
Informática
Os cursos de Informática para persoas maiores son unha novidade dentro das actividades da Concellería de Benestar Social. Iniciáronse a petición dos propios maiores, que ven como as novas tecnoloxías se teñen convertido nun medio fundamental para comunicarse co mundo que os rodea.
Realizáronse seis cursos de Iniciación á Informática, nos que se ensinaron nocións de Word, Power Point, Internet e correo electrónico. A participación foi de 120 persoas maiores de 60 anos, das que 58 eran homes e 62, mulleres. Os cursos foron impartidos por persoal da empresa SERPREMIGA, integrada por persoas con algún tipo de discapacidade.
Esta actividade desenvólvese actualmente no Centro de Innovación Tecnolóxica, no antigo Asefal, conta cunha boa acollida e atendeu toda a demanda existente.
Descargar todas as imaxes