Escoitar

Caixa Galicia ofrece visitas á exposición de Tamara de Lempicka

O Servizo Educativo da Fundación Caixa Galicia ofrece un conxunto de visitas á exposición de Tamara de Lempicka na Casa das Artes, para público en xeral, colectivos de adultos e de escolares e grupos de campamentos de verán e de nenos de 5 a 12 anos.

luns, 28 mai 2007
1180350778lempickamarjorie.jpg
Retrato de Marjorie Ferry. 1932
As visitas comentadas para o público en xeral realizaranse nos seguintes horarios: de luns a xoves, ás 20.00 horas; os venres e sábados, ás 19.00 e ás 20.00 horas, e os domingos e festivos, ás 12.00 e ás 19.00 horas.

Para os colectivos de adultos haberá visitas comentadas de luns a venres polas mañás ou polas tardes, mentres que os grupos de escolares poderán participar en visitas-obradoiro tamén de luns e venres polas mañás ou polas tardes.

Por último, os grupos pertencentes a campamentos de verán e todos os rapaces de 5 a 12 anos poderán aprender e divertirse coa arte de Tamara de Lempicka nun obradoiro de verán. Os obradoiros para campamentos de verán desenvolveranse de luns a venres polas mañás ou polas tardes. Para os rapaces de 5 a 12 anos, os obradoiros serán os días 26 e 28 de xuño e 3, 5, 10 e 12 de xullo.

Os que queiran participar nas visitas e obradoiros terán que inscribirse chamando ao Servizo Educativo de Caixa Galicia, no 986 815 083. As actividades realizaranse ata o 15 de xullo, día en que finaliza a exposición. O número de prazas é limitado.
Descargar todas as imaxes