O Concello incrementa a súa achega económica ao MARCO
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, anunciou hoxe o incremento en 40.000 euros da contribución municipal ao MARCO no ano 2007 co fin de reforzar á realización de actividades culturais, de investigación, formación, conservación e exhibición da arte e cultura contemporáneas.
O Concello incrementou a súa achega ao Marco en 53.735 desde o 2005 a 2007 chegando nestes momentos a aportación municipal a 805.000 euros. As outras entidades que realizan achegas económicas son Caixanova,Xunta de Galicia, Deputación e Ministerio de Cultura.
Concelleiro destacou que o Marco converteuse , nos últimos anos, nun dos museos de referencia do Estado e que en Galicia é o que máis visitantes contabiliza chegando a 70.000 no ano 2006.
Por outra banda, o director do Marco, Iñaki Martínez Antelo , lembrou as actividades do museo para este mes de abril, destacando que o este venres 6 de abril terá lugar no Espazo Anexo do MARCO a terceira das actividades paralelas que o colectivo Escoitar.org ven organizando neste Laboratorio de audio. O Grupo AC de Vigo, integrado polas artistas e intérpretes Estela Ballesteros e Cecilia Blanco, coa colaboración dos actores Artús Rey e Juan Luis Carro, levará a cabo varias interpretacións do libro Silencio, de John Cage. A actividade será de 19 a 21 horas con entrada libre ata completar aforo de 50 persoas.
Descargar todas as imaxes