Escoitar
Anuncio Educación

Matrícula nas escolas infantís municipais para o curso 20007/2008

Do 9 ao 30 de abril de 2007 queda aberto o prazo de reserva de praza e entrega de documentación nas escolas infantís municipais de Vigo dependentes da Concellería da Área de Asuntos Sociais, para o novo alumnado.

mércores, 4 abr 2007
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas ou no Departamento de Educación do Concello de Vigo, debendo presentarse na escola na que solicita a praza ou no Departamento de Educación.

As listas provisionais publicaranse o 28 de maio de 2007 no taboleiro de anuncios de cada escola e no do Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "Sta.Cristina" de LAVADORES:
Enderezo: Sta. Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986.28.07.32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "Atalaia" de TEIS:
Enderezo: Avda. Dona Fermina, 9 (subida á Guía-Teis)
Teléfono: 986.37.65.03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL"Sta. Marta" de CASCO VELLO
Enderezo: Sta. Marta, 38 (Casco Vello)
Teléfono: 986.44.21.53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "Costeira" de SAIÁNS
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986.49.86.77