Diversión para nenos nos días previos á instalación da CowParade
A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, visitou hoxe mércores o posto de creación da CowParade situado na confluencia das rúas Príncipe e Urzaiz para que os máis pequenos se divirtan durante a Semana Santa pintando.
A Concellaría de Turismo e Comercio ten na Praza da Constitución outro posto de creación dedicado á CowParade. Este posto e o visitado hoxe mércores por Molares abriron o pasado luns e poderán visitarse ata o próximo domingo.
Ambos os dous contan con tres vacas pequenas e a asistencia de monitores para que os nenos poidan pintalas. Ademais, os postos están sinalados cunha vaca da CowParade de Turismo de Vigo. Así mesmo, haberá animación nestes dous postos para que os cativos gocen da CowParade uns días antes de que a exposición se instale na cidade.
A CowParade conta con 54 estatuas de vacas para a súa exposición en Vigo. Estas estatuas serán reunidas ás 12.00 horas do sábado 14 de abril na Praza de Compostela, desde onde se levarán a distintos puntos da cidade na noite do 14 ao 15. A mostra nas rúas rematará a finais de xuño e despois as vacas serán restauradas para a súa subasta, que se celebrará en setembro.