Escoitar

Scorpions actuará no programa ”Vigo, cidade de concertos”

mércores, 6 mar 2002
imx1167.jpg
Último disco
Os concelleiros Santiago Domínguez e Isaura Abelairas anunciaron a presencia de Scorpions o 19 de marzo no pavillón das Travesas, na que será a única actuación desta banda de hard rock en España.

A promotora deste concerto, Musica no coraçao, e o patrocinador Super Bock puxéronse en contacto cos responsables municipais para que o público de Vigo poida presenciar esta actuación de Scorpions ante o éxito e nivel da programación de ”Vigo, cidade de concertos”. Desta forma, constátase que Vigo adquiriu unha grande importancia nos circuítos musicais mediante este programa das concellerías de Xuventude e Festas e Animación Sociocultural.

As entradas poranse á venda cun prezo de 18 euros, de forma anticipada, e de 21 na taquilla. Lp, La Columna e Discos Gong serán os puntos de venda en Vigo, aínda que os seguidores desta banda tamén poderán adquirilas en Santiago ou na Coruña.

A banda de hard rock Scorpions naceu no ano 1970 na cidade alemana de Hannover, da man dos irmáns Rudolf e Michael Schenker, ámbolos dous guitarristas, e completouse co cantante Klaus Meine, o baixista Lothar Heimberg e o batería Wolfgang Dziony.

Durante os tres primeiros anos, o grupo non chegou moi lonxe, a pesares de que tiña gravado o seu primeiro LP “Lonesome Crow” (1972), no que se deixaban notar os ingredientes vocais e instrumentais que co tempo caracterizarían o estilo de Scorpions, e que en realidade era a banda sonora dunha película centrada no problema das drogas. Nembargantes, este primeiro álbum colocaría o grupo no camiño do éxito internacional, tras viaxar como banda de apoio de Gallagher, Uriah Heep e UFO.

No ano 1973, despois dunha xira con UFO, Michael Schenker, decide integrarse neste último grupo de rock, incorporándose a Scorpions o guitarrista Ulrich Roth, co que a banda continuou explorando o rock duro.

Na década dos setenta, a traxectoria do grupo alemán viuse marcada por numerosas xiras na Europa Occidental, onde acadan un grande éxito. En 1974 sacaban o seu segundo traballo “Fly to the Rainbow”, caracterizado por enérxicos toques de rock heavy, nunca antes presentes nunha banda alemana.

Un ano despois, chega o seu terceiro LP “In trance” (1975), primeiro álbum producido por Dieter Dierks e que se converte no máis vendido de RCA en Xapón, país no que Scorpions causaron unha grande revolución, gañando numerosos seguidores. Este sería un bo ano para a banda, que ademais de ser elixida no seu país como mellor grupo en directo, emprendería o seu primeiro tour británico, colleitando numerosos éxitos.

En 1976 Scorpions saca “Virgin Killer”, un álbum co que acadaron o obxectivo que se marcaran na súa fundación, o de converterse na mellor banda de hard rock alemana. Este traballo tamén lles valeu o primeiro Disco de Ouro da Crítica e do público nipón, galardón que tamén obtivo un ano despois co seu seguinte álbum “Taken by Force”.

No ano 1978 o grupo iniciaba unha xira por Xapón trala que pecharía a etapa Ulrich Roth, que deixou a banda despois de gravar “Tokio Tapes”, un disco que actualmente é obxecto de coleccionistas en todo o mundo.

Ó abandonar Ulrich o grupo, Michael Schenker regresa temporalmente á banda, que grava con el varias cancións de “Lovedrive” (1979). Nembargantes, sería substituído inmediatamente por Matthias Jabs, que foi escolleito por Scorpions entre 140 aspirantes. A creatividade, virtuosismo e entusiasmo deste novo compoñente aportaron un son máis sólido á formación xermana. Jabs incorporouse ó grupo a tempo para participar neste último LP, cualificado como un dos mellores de Scorpions, e que logrou o premio ás mellores ilustracións pola súa portada.

A formación disponse entón a conquistar o extenso mercado dos EE.UU., utilizando como armas aquelas que a caracterizaron desde un principio, a profesionalidade, unha grande musicalidade e unha firme determinación de triunfar. Aproveitando o éxito de “Lovedrive”, a primeira producción coa que recibiu un disco de Ouro no mercado norteamericano, a banda inicia unha xira por USA, na que o pistoletazo de saída foi un concerto con Aerosmith, Ted Nugent e AC/DC.

Este álbum, xunto con “Animal Magnetism” (1980), supuxo o descubrimento de Scorpions en EE.UU, pois na segunda xira o grupo estaba xa no cumio de vendas. A era dos grandes tours comenzaba para a banda.

En 1981, mentres se gravaba “Blackout”, Klaus Meine tivo problemas coa voz, un trauma que superou tras unha longa reinstrucción vocal e dúas operacións nas cordas vocais, periodo no que xogou un papel moi importante o apoio da banda. Ata tal punto conseguiu recuperarse que un crítico chegou a escribir sobre el “déronlle a Klaus Meine cordas vocais de metal”.

Durante a recuperación de Meine o grupo fixo un alto no camiño, decisión que algúns críticos consideran crucial para a formación, pois sería o cantante o autor do que se converteu nun dos maiores éxitos do grupo, “Wind of Change”.

No ano 1982, con Klaus en activo, Scorpions emprenden a súa segunda xira estadounidense como headliners con Iron Maiden, xira na que presentan o seu exitoso disco “Blackout”, que chegou ó Top Ten en EE.UU, sendo o álbum máis votado do rock do ano e alcanzando un disco de Platino.

Dous anos despois, a banda convertíase na primeira de rock duro alemana en tocar tres concertos consecutivos diante de 60.000 fans no Madison Square Garden de Nova Iorque. A formación alcanzaba entón o cumio do rock, cando tres traballos seus “Animal Magnetism” (1980), “Blackout” (1982) y “Love at first Sting” (1984) soaban ó mesmo tempo nas listas americanas, e participaba en tódolos grandes festivais mundiais do rock.

Nestes tours, Scorpions compartiu escenario con grupos como Metallica, Iron Maiden e Def Leppard. Mentres, “Love at first Sting”, que inclúe algúns dos temas máis electrizantes da banda e a obra maestra “Still loving you”, alzábase coma un dos traballos máis acertados da historia do rock. Precisamente esa balada converteuse nun dos himnos internacionais desta corrente musical, e conqueriu numerosos fans en Francia, ademais de erixirse nun dos símbolos da música de Scorpions en todo o globo.

En 1985, a banda de Hannover lanza “World Wide live”, un disco que constitúe outro dos seus éxitos internacionais, e un ano máis tarde actuaba no festival “Monsters of Rock”. Ese mesmo ano daban o seu primeiro concerto nun país do bloque do este, concretamente na capital húngara, Budapest.

A estas alturas, Scorpions xa tiña un nome no panorama musical do rock, nome que conseguiran con baladas como “Still loving you” ou “Holiday”, e con temas que resultaron todo un éxito, como “Rock You Like a Hurricane”, ”No One Like You” e ”Blackout”, e cos que tamén conquistaron ós críticos máis esixentes.

En 1988 a banda publicaba “Savage Amusement”, un álbum que acadou o primeiro posto nas listas europeas e o terceiro nas de EE.UU. Como antesala ó seu “Savage Amusement World Tour”, Scorpions deciden celebrar dez concertos en Leningrado, e pasan así ós anais da historia como o primeiro grupo de hard rock que tocou na URSS.

O éxito destas actuacións fixo que as autoridades soviéticas, autorizaran un ano despois a celebración do ”Moscow Music Peace Festival”, no que se baseou Klaus Meine para escribir un dos temas máis populares do grupo, “Wind of Change”.

En novembro dese mesmo ano caía inesperadamente o Muro de Berlín, e a canción convertíase no himno da “Glasnost” e a “Perestroika”, así como na banda sonora da apertura do Telón de Aceiro, a caída do comunismo e o final da Guerra Fría. Tanto é así que en 1990 Scorpions tocou na Potsdamer Platz, onde antes había unha sección do muro, na producción espectacular de Roger Waters, ”The Wall”.

“Wind of change” marcou tamén un punto e a parte na carreira da banda xermana, que desde entón empezou a producir os seus propios discos, tarefa da que desde o seu terceiro traballo se encargaba Dieter Dierks.

O primeiro álbum que produce Scorpions é “Crazy World” (1990), un traballo no que a banda contou coa coproducción de Keith Olsen. Esta producción inclúe o que sería escollido como mellor single mundial de 1991 e que chegou ó número un das listas de once países, “Wind of Change”. Isto converteu a “Crazy World” no CD de máis éxito ata o de agora.

Un ano despois, en 1992, Scorpions recibiría outro recoñecemento á súa traxectoria musical, o “World Music Award” como a banda alemana con máis éxito no rock. A finais dese mesmo ano, coincidindo tamén co final da xira de presentación de “Crazy World”, Francis Buchholz abandona o grupo e é substituído por Ralph Rieckermann.

En 1993 lanza ó mercado “Face the heat”, que foi coproducido por Bruce Fairbairn e gravado xa co novo compoñente do grupo. En 1994 acadan de novo o premio “World Music Award”, feito que só sería o comezo dun ano no que a traxectoria da banda estivo marcada pola súa participación no ”Elvis Presley Memorial Concert” celebrado en Memphis (Tennessee), no que interpretaron a súa versión de ”His Latest Flame”. Pola outra banda, Scorpions colaborou con Nacións Unidas para axudar ós refuxiados da guerra civil de Ruanda compoñendo en tan só unha semana a canción benéfica “White Dove”.

En 1995 edítase “Live Bites” e a finais dese ano, a punto de rematar o LP “Pure Instinct”, a formación sufre outro cambio ó abandoar o veterano batería Herman ”The German” Rarebell. No seu lugar queda James Kottak, co que o grupo quedara impresionado ó velo tocar con outra banda que os teloneou na xira de “Savage Amusement”. Deste xeito, Kottak se convertiuse no primeiro americano en tocar nu7n grupo alemán de rock.

Durante o “Pure Instinct Tour”, Scorpions non só tocou en Europa, EE.UU e Sudamérica, senón que a súa música tamén se oiu en países como Malasia, Tailandia e Filipinas, onde colleitaron récords de venta e discos de ouro e platino. En novembr de 1996 Scorpions foi a primeira banda internacional de rock duro que actuou en Beirut ó remate da guerra civil do Líbano.

En 1999 aparece “Eye to Eye”, cunha cuberta que deu un xiro á imaxe do grupo, posto que nela só figuraban os tres membros fundadores que se mantiñan en Scorpions: Rudolf Schenker, Klaus Meine y Matthias Jabs.

O novo milenio chega cun novo desafío para Scorpions, que, seguindo o seu lema “non te pares no cumio”, emprende un proxecto coa recoñecida Orquestra Filarmónica de Berlín, conducida por Herbert von Karajan. O resultado desta colaboración é “Moment of Glory”.

En xaneiro de 2000, a banda e Christian Kolonovits comezaron as gravacións de estudio deste traballo en Viena, e a Filarmónica de Berlín gravou as partes orquestrais uns meses despois, de xeito que o álbum completo foi mezclado durante abril e maio nos estudios Galaxy, en Bélxica. ”Moment of Glory” saiu ó mercado o 19 de xuño dese ano, e a primeira actuación en vivo de presentación deste LP tivo lugar na Expo de Hannover o 22 de xuño. O álbum inclúe o himno oficial da Expo, ”Moment of Glory”.

O último traballo de Scorpions é “Acoustica” (2001), un LP gravado en formato acústico que inclúe os grandes éxitos da banda de hard rock, xunto con versións de grandes clásicos do rock como ”Love of my Life”, de Queen, ou ”Dust in the Wind”, de Kansas.



MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes