Un consello saudable para cada mes do ano
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou hoxe martes xunto con responsables da Unidade de Alcoholismo ASVIDAL unha campaña informativa coa finalidade de fomentar hábitos de vida saudable entre as mulleres. "Hai que ter en conta non só cantos anos se viven, senón tamén como se viven", indicou a concelleira.
Esta iniciativa, enmarcada na área de promoción de hábitos de vida saudable do III Plan Municipal de Igualdade, ten en conta estudos que poñen de manifesto a influencia dos roles sociais na aparición de problemas de saúde crónicos, tanto físicos como mentais, que non causan mortes prematuras pero si limitacións de longa duración. De feito, segundo o estudo "Saúde e Xénero", elaborado en 2005 polo Ministerio de Sanidade con datos pertencentes a persoas maiores de 16 anos, o estado de saúde percibido é peor entre as mulleres que no caso do homes, en todas as clases sociais.
Para paliar esta situación no noso ámbito local, a Unidade de Alcoholismo ASVIDAL, coa colaboración da Concellaría da Muller, distribuirá carteis e mais trípticos cun almanaque no que figurará un lema saudable por cada mes. Os carteis manteranse expostos durante todo o ano e os trípticos entregaranse, acompañados por un pequeno comentario, ás pacientes de cada médico de cada centro de saúde de Vigo.
A campaña pretende chegar directamente a 5.000 mulleres e indirectamente a todas aquelas que por un motivo ou outro acudan aos centros de saúde de Vigo. ASVIDAL e a Concellaría da Muller contan para iso coa boa acollida que desde a Xerencia de Atención Primaria de Saúde dan a este tipo de programas. Ademais de dirixirse aos centros de saúde, esta iniciativa destínase tamén á Federación Veciñal, aos Servizos de Xinecoloxía e Planificación Familiar e aos Servizos Sociais do Concello.
A través desta entidades, a campaña transmitiralles ás mulleres a mensaxe de que elas mesmas poden ser o mellor axente de saúde, intentando, cada mes do ano, realizar pequenos cambios nos seus hábitos para conseguir a medio e longo prazo un aumento da súa calidade de vida.
Descargar todas as imaxes