Dez persoas con discapacidade intelectual realizarán prácticas formativas no Concello
Dez alumnos da Fundación Integra, de axuda a persoas con discapacidade intelectual, realizarán prácticas formativas de dous meses nas dependencias municipais, grazas ao convenio asinado hoxe martes pola alcaldesa, Corina Porro, e a presidenta da Fundación, Rita Blanco.
O Concello de Vigo puxo en marcha en 2006 un programa encamiñado á formación das persoas con discapacidade intelectual que formou en tarefas propias do ámbito da conserxería tres mozos con esta problemática. Agora, o Concello volve asinar un convenio, esta vez co colectivo Integra, coa mesma finalidade: promover entre alumnos desta Fundación a adquisición de experiencia en tarefas propias do ámbito da conserxería que habitualmente se realizan no Concello de Vigo, para axudalos na súa futura integración laboral.
Terminado o periodo de prácticas, fixado en dous meses e que será realizado polos alumnos de maneira rotatoria, o Concello expedirá a cada un dos beneficiarios un certificado acreditativo para o seu currículum laboral. O convenio ten unha duración de un ano, e poderase prorrogar por periodos anuais ata un máximo de tres anos.
Para a realización das prácticas, o Concello designará unha persoa que actuará como coordinadora do programa e que supervisará a correcta aprendizaxe dos beneficiarios.
Descargar todas as imaxes