O Goberno local presenta un plan para humanizar o contorno de Balaídos
O Goberno local presentou hoxe venres un plan para a humanización do contorno de Balaídos seguindo o modelo da Travesía de Vigo. O plan inclúe as rúas Eugenio Kraff e Espedrigada e as avenidas de Balaídos e Citroën.
A iniciativa do Goberno municipal supón un investimento de 1.314.000 euros para a humanización da avenida de Balaídos e das rúas Eugenio Kraff e Espedrigada, máis 300.000 euros que serán destinados a melloras na avenida de Citroën. Esta última actuación comezará a executarse dentro de un mes ou mes e medio, segundo adiantou a alcaldesa, Corina Porro.
Porro dixo hoxe venres durante a presentación do plan que o contorno de Balaídos é hoxe en día "unha das zonas máis deterioradas" de Vigo e que o seu Goberno quere "mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns" estendendo o modelo de humanizacións realizado xa noutras zonas.
A humanización da avenida de Balaídos suporá un investimento de 737.000 euros, cun prazo de execución de tres meses. No caso da rúa Eugenio Kraff son 207.000 euros e dous meses de execución e no de Espedrigada, 370.000 euros e un mes e medio. Nestas áreas anchearanse as beirarrúas ata alcanzar os 4,15 metros cada unha na avenida de Balaídos, 3,5 en Eugenio Kraff e tres para cada beirarrúa de Espedrigada. Ademais, renovarase a rede de abastecemento e saneamento.
En conxunto, nas catro áreas afectadas polo plan plantaranse 230 árbores e colocaranse 45 luminarias de tipo ornamental e 21 papeleiras. Así mesmo, deixaranse feitos buracos para contedores soterrados.
Na avenida de Citroën mellorarase o alumeado pero sen colocar novas luminarias. Esta zona será obxecto de actuacións por un importe de 300.000 euros, cun prazo de execución de dous meses e medio. As outras melloras afectarán á seguridade vial de todo o tramo, á sinalización e á drenaxe superficial. Ademais, repavimentaranse as beirarrúas e toda a superficie da calzada do rotador do contorno do entronque con Florida. Un dos obxectivos deste proxecto é conseguir a continuidade peonil entre o rotador de Florida e o Primeiro Cinto.
As actuacións previstas no plan para a humanización do contorno de Balaídos completaranse coas urbanizacións da Florida e Castrelos, que supoñen un investimento de 11,8 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes