Vigo, premiado pola eliminación de barreiras arquitectónicas
A asociación Unidade Provincial de Parapléxicos da Coruña entregará este xoves ao Concello de Vigo un dos premios Millenium Século XX-XXI polo seu labor "exemplar na eliminación de barreiras arquitectónicas" durante 2006.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, será a encargada de recoller este galardón no nome do Concello de Vigo, unha das entidades que, como os concellos da Coruña, Lugo ou Vilalba, están incluídas na lista de premiados. A entrega de premios terá lugar no Hotel Crunia de Culleredo este xoves ás 12.00 horas.
Desde 2003 o Concello de Vigo creou un total de 231 prazas de aparcamento para persoas con discapacidade. Doce destas prazas están situadas na praza de Compostela. Así mesmo, no traballo de mellora da mobilidade destaca o feito de que hoxe Vigo conta con catro eurotaxis, cando en 2003 non había ningún. Ademais, Vigo é a única cidade galega con dous autobuses para persoas de mobilidade reducida. Por outra parte, o transporte colectivo vigués pón a disposición destas persoas 22 autobuses con rampa eléctrica e 10 con rampa manual, así como sistemas audiovisuais de información nos vehículos e nas paradas. A estas melloras hai que sumarlle a gratuidade do bus urbano para as persoas con discapacidade e os seus acompañantes.
Ademais, entre 2005 e 2006 Vigo incrementou nun 333% o seu orzamento para acometer obras de accesibilidade, con partidas que alcanzan os 410.000 euros nos dous últimos anos. Esta medida contribuiu á transformación do centro urbano nun espazo accesible para as persoas con discapacidade. A accesibilidade é, así mesmo, unha prioridade do Concello nas súas novas actuacións.
Descargar todas as imaxes